"A
MIÑA EUROPA PARTICULAR"
Alegrádevos
irmáns: Hoxe é o día de Europa, loado
sexa. Asi que eu decido visitar a miña Europa particular:
O Ezaro, un pouco de fermosura perdida que me fará
esquecer a confusión electoral a que estiben sometido
nas últimas semás.
Ezaro
é Europa que Zeus raptou para leva-la a morada de
Deus, o monte Pindo, que lle quedaba a un paso e aproveitou
para concebir con ela a Minos. E a Syldavia do Vello continente
"donde o tempo pasa tan despacio"; Ezaro é
o paraxe mitade escocés, mitade polinésico
que eu imaxinaba fai anos cando lía as novelas do
sensible Stevenson. E, en fin, o Iguazú galaico cercenado
a traición por uns miserables megavatios de nada.
E
agora, é máis Europa que nunca: con una vía
recén inaugurada, bordeando unha costa na que o auga
marina tocase dende o coche, unha carretera que permite
ó visitante flotar no Atlántico dende o asfalto.
Unha señora carretera europea.
E
unha bandeira azul estrenada (qué é Europa?,
preguntasme, cando cravas a tua pupila na miña pupila
azul) nuha praia limpa e branca, barrida as veces por un
vento nada amigable, que convida sutilmente a comer o areal
gran a gran, co permiso das próximas gavotas. Unha
auténtica praia europea.
Iso
e máis é Ezaro, a miña Europa, punto
dende cuio mirador en días propicios é doado
ve-la Républica Dominicana, e xirando un pouco a
cabeza na dirección a Buxantes, en línea a
Vimianzo distinguese ó lonxe Estrasburgo, porque
todos sabemos que a terra é chá e a imaxinación
non.
Ezaro
é o lugar único en Europa coa desembocadura
dun río en cascada, cuias augas acarician tra-la
ensenada as illas Lobeira e divisan o Castelo de Peñefiel,
o refuxio dos poetas solitarios.
Ahí
estarei, na miña Europa particular enclave de Dumbría
que inspirou tantas lendas que non coñecen de parlamentos
Europeos, comisións de Bruselas nin tribunais de
Luxemburgo. Ahí estarei pescando, "botando"
mensaxes en botellas azuis y votando pola tranquilidade.
Xa
o di o anuncio: "Ven e cóntao". Ó
mellor sí que é como o imaxinas.
Autor:
SANTIAGO
GARRIDO
Fonte:
A Voz de Galicia
Fecha:
12 Xuño 1994